CRTVG

Buscar

Errejón preséntase ás xerais como alternativa ao bloqueo

Publicado o 26/09/2019 15:51

Más País, a marca de Íñigo Errejón para as xerais, ten ata o luns ás dúas da tarde para presentar ante a Xunta electoral as súas coalicións territoriais. Polo momento, ten Madrid, a Comunidade Valenciana e probablemente Aragón. No resto, fan cálculos. Din que só se presentarán onde non resten escanos á esquerda.

A Podemos non o convence este argumento. Para Pablo Iglesias, Errejón é unha ferramenta que usa o poder económico para evitar que o seu partido entre no Goberno.

Críticas tamén doutro dos fundadores de Podemos. Hoxe tamén escoitamos a Anticapitalistas, a corrente de Podemos forte en Andalucía. Instan a Pablo Iglesias a formar unha candidatura ampla de esquerdas, aínda que descartan o pacto con Errejón.

Pola súa pate, o PSOE opta por mirar dende a barreira a disputa entre antigos compañeiros políticos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019