Errejón non descarta aínda un pacto con Podemos malia as críticas
Íñigo Errejón non descarta un pacto entre a súa nova plataforma e Podemos para as eleccións á Comunidade de Madrid. Polo momento, os seus ex-compañeiros amósanse doídos. A súa voceira no Parlamento, Irene Montero, criticou que o agora candidato por Más Madrid estivera argallando un plan ás agochadas mentres o resto do grupo estaba traballando.
Irene Montero, voceira de Unidos Podemos no Congreso "Íñigo non participou dese traballo, que entendo que é o que dá sentido a Unidos Podemos, e estaba argallando un plan secreto coa alcaldesa de Madrid para montar outro partido"
Íñigo Errejón, candidato de Más Madrid "A plataforma Más Madrid é unha plataforma para revalidar o cambio no Concello e gañar a Comunidade de Madrid, exclusivamente, e non é un partido. Eu non creo que Podemos sexa un lastre, pero creo que fai falta sumar máis"