Errejón fala de peche de ciclo en Unidas Podemos tras a debacle electoral e Isa Serra chama á reflexión
Publicado o 13/07/2020 14:50

Íñigo Errejón, un dos fundadores de Podemos, agora fóra do partido, alimentaba o debate sobre os resultados de Podemos.
"Iso xa non existe", dicía Errejón nun chío. "Existe unha cousa que se chama Unidas Podemos e que ten os resultados de sempre de Esquerda Unida".
A voceira de Podemos, Isa Serra, defendeu a reflexión interna para fortalecer o proxecto da formación.