CRTVG

Buscar

Errejón estuda presentar candidatura para o 10-N

Publicado o 20/09/2019 19:42

Oito meses despois de deixar o escano, Íñigo Errejón sopesa volver ao Congreso, pero agora máis lonxe de Pablo Iglesias. O fundador de Podemos estuda presentarse coa súa actual formación, Más Madrid, ás xerais do 10 de novembro. Pedro Sánchez convertía o rumor en munición contra o líder da formación morada. Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións, lembra: "que é o que propuxo el na comunidade de Madrid? Algo que parecería de ciencia ficción na política nacional se o poñemos en boca de Pablo Iglesias. Estaba disposto a dar os votos de Más Madrid gratis para que Ángel Gabilondo fose presidente da Comunidade de Madrid aínda que contase co apoio de Ciudadanos"

Iglesias di que o que os distingue é que Podemos non lle daría os votos gratis a Sánchez. De Errejón di que o seu regreso era inevitable. Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, di que "a el interésalle moito máis a política estatal que a política autonómica, que é algo que non lle interesou nunca. Máis tarde ou máis cedo será un actor da política estatal, co seu partido, no PSOE, ou como sexa, pero será un actor da politica estatal. É cuestión de tempo e iso hai que naturalizalo"

En contra das aspiracións de Errejón estaría a negativa de Manuela Carmena a acompañalo e a debilidade dun partido con menos dun ano de vida. Con todo, mesmo presentándose só por Madrid, algunha enquisa xa lle dá de 4 a 6 escanos. Ten ata o 7 de outubro para decidilo.
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019