CRTVG

Buscar

Errejón busca máis aliados e Podemos Andalucía marca distancias con Pablo Iglesias

Publicado o 24/09/2019 21:31

Iñigo Errejón reapareceu en público, pero segue sen falar da irrupción da súa candidatura ata que sexa oficial este mércores. Antes incluso xa gañou un socio importante. Compromís, que goberna con Podemos en Valencia, preferiu renunciar aos de Iglesias e coaligarse cos de Errejón para o 10-N. Os seus responsables apuntan onde máis podería presentar listas.

"Deberían presentarse naquelas provincias en que se reparten moitos deputados e onde a irrupción dunha nova forza non impida a consecución desas maiorías progresistas", apuntaba Joan Baldoví.

Os ecoloxistas de Equo decidirán o venres se seguen con Podemos ou se presentan con Errejón. Tamén a Chunta Aragonesista, ainda que o responsable da formación xa dixo publicamente que prefería coaligarse cos de Más Madrid. En Unidas Podemos están preocupados pola división do voto de esquerda.

"Todo o que sexa dividirnos pode xerar a desmotivación de moitos votantes", afimaba a voceira de Unidas Podemos na Comunidade de Madrid.

A executiva de Podemos Andalucía non rompe totalmente cos de Iglesias, pero marca distancias. Preresentarase con nome propio, Adelante Andalucía. Aspira a elaborar as súas propias listas e a ter voz e grupo propio no Congreso dentro da confederación de Unidas Podemos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019