CRTVG

Buscar

Errejón alíase con Carmena e non se presentará ás eleccións con Podemos

Publicado o 17/01/2019 15:18

O candidato de Podemos á presidencia da Comunidade de Madrid non concorrerá ás eleccións de maio coas siglas da súa formación, senón con Más Madrid, a plataforma creada por Manuela Carmena para as municipais.

Nunha carta conxunta din que "hai que abrir e sumar máis aló das siglas: as forzas políticas do cambio son necesarias, a cidadanía, impresincible", cren que "Andalucía foi un toque de atención" que fai necesario un revulsivo. Por iso fan unha "invitación colectiva, aberta e cívica" que definen como "unha aperta entre dúas xeracións". Carmena e Errejón queren "estender a iniciativa Más Madrid ao ámbito da comunidade cun programa "conxunto e participativo, acompasando as primarias" en febreiro.

Errejón di que conta con sumar a Podemos a esta alianza, que responde ao encargo de sumar sen sectarismos. Íñigo Errejón: "Subimos un pouco más a aposta, imos con máis xente, máis fortes. Que todo o mundo saiba que isto é sumar sen sectarismos, un pouco máis alá das siglas".

A dirección de Podemos di que descoñecía esta decisión, que chega nun momento complicado para a formación. Mentres negocia con Esquerda Unida as listas electorais intenta sumarse á candidatura de Carmena en Madrid, onde o partido suspendeu de militancia a Rita Maestre e outros cinco concelleiros afíns á alcaldesa. Falta saber se fará o mesmo con Iñigo Errejón, que fora man dereita de Pablo Iglesias antes de desmarcarse das siglas do partido que axudou a fundar.
 

Noticias web

17/01/2019