CRTVG

Buscar

Ernst&Young e Indra activan o teletraballo para evitar contaxios

Publicado o 06/03/2020 10:09

Consecuencias tamén no eido laboral: a coñecida empresa consultora Ernst&Young, unha das máis importantes do mundo, con sede en Madrid, iniciou a fase 2 do protocolo do coronavirus: o teletraballo.

Enviou á casa os seus 3.100 empregados para que traballen desde os seus domicilios porque un deu positivo. Segundo explicou o xefe de Recursos Humanos da empresa, este traballador afectado polo virus non viaxou a Italia, está asintomático e permanece na casa.

Unha medida similar adoptou tamén a compañía tecnolóxica e consultora Indra en Barcelona, onde pechou dúas das once plantas da súa sede e os empregados realizan teletraballo de xeito temporal porque dous deles deron positivo en coronavirus.

 

Noticias web

06/03/2020