CRTVG

Buscar

Erea Ledo, unha das primeiras pacientes de coronavirus que ingresou hai un ano en Povisa

Publicado o 12/03/2021 13:22

Hai una ano Erea era escéptica sobre o alcance e a gravidade da pandemia. Tiña 25 anos, practicaba deporte e a pesar de ser asmática non se consideraba persoa de risco. Viaxara a Madrid a comezos de marzo, onde intúe que se contaxiou. Tal día coma hoxe sentiuse mal e ingresou en Povisa. Era unha das primeiras pacientes.

Erea estivo unha semana hospitalizada. Recibiu un tratamento experimental que lle provocou efectos secundarios e logo estivo un mes illada nun cuarto da súa casa. Un ano despois, aínda arrastra secuelas da enfermidade.

Facer bolboretas de papel foi unha das suas terapias durante o illamento, e agora son case un símbolo dunha etapa que marcou un antes e un despois na súa vida.

Noticias web

12/03/2021