CRTVG

Buscar

ERC presenta unha emenda á totalidade dos presupostos xerais do Estado

Publicado o 05/02/2019 15:29

Esquerra Republicana formalizou o veto aos presupostos afirmando que a súa decisión está moi debatida e só darán marcha atrás se o Goberno pide á fiscalía que retire as acusacións no xuízo do procés e crea unha mesa de negociación pola autodeterminación.

Co veto de Esquerra cobra forza a posibilidade do adianto electoral. No PSOE pídenlles que rectifiquen. O PP e Ciudadanos insisten en que a situación é insostible para o Goberno.

O PDeCAT dase de prazo ata o venres para decidir se presenta tamén o seu veto aos presupostos en función das negociacións co Goberno. E líder do PSC avanzaba esta mañá que estarían dispostos a incorporar a figura dun intermediario nas conversas, como pedía a Generalitat. O debate das contas comeza o martes, igual que o xuízo ao procés.

A ministra de Industria, de visita en Galicia, rexeita as críticas pola repartición prevista para a nosa comunidade nos presupostos xerais do Estado. Para Reyes Maroto son unhas contas boas.

 

Noticias web

05/02/2019