CRTVG

Buscar

ERC perde apoios en favor de JxCat e a CUP

Publicado o 11/11/2019 15:18

O indepentismo pídelle a Sánchez diálogo

Esquerra Republicana de Cataluña mantén o liderado do bloque independentista, malia obter 13 escanos, dous menos ca nas anteriores xerais.

Junts per Cataluña mellora lixeiramente o seu resultado, ao conseguir oito deputados, e recorta así distancias co partido de Junqueras e Rufián. Como novidade, a CUP irrompe con dous representantes, e co obxectivo de facer ingobernable o Congreso.

En total, o bloque independentista obtivo onte o 42% dos votos en Cataluña. Son seis puntos máis ca en abril, e unha porcentaxe similar á das municipais de maio. Esta mañá, Esquerra e Junts per Cataluña instaban a Pedro Sánchez a sentar a negociar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019