CRTVG

Buscar

ERC paga dous millóns de euros ao Tribunal de Contas

Publicado o 15/10/2021 18:42
ERC paga dous millóns de euros ao Tribunal de Contas
EP

ERC pagou uns dous millóns de euros para avanzar a fianza que pide o Tribunal de Contas a todos os afectados que tiñan responsabilidades no Govern entre 2016 e 2017, explicaron fontes republicanas. ERC avalou parte do importe total que pide o Tribunal de Contas (5,4 millóns), despois de que este organismo rexeitase o xoves os avais presentados pola Generalitat a través do Institut Català de Finances (ICF).

Así, os republicanos avanzaron "a parte correspondente aos gastos imputables" a todas as persoas procesadas polo Tribunal de Contas e que estiveron no Govern entre 2016 e 2017, cando se impulsou o 1-O e ERC lideraba a acción exterior da Generalitat, polo que pagaron a fianza de todos os excargos deses anos sexan ou non do seu partido.

Noticias web

15/10/2021