CRTVG

Buscar

ERC mantén a súa abstención a pesar da inhabilitación de Torra e Junqueras

Publicado o 04/01/2020 13:33

Esquerra Republicana reuniu de urxencia a súa executiva á mesma hora en que Pedro Sánchez pronunciaba o seu discurso de investidura. Tras a decisión da Xunta Electoral, Junts per Cataluña e a ANC metíanlle presión para que reconsiderasen o seu pacto co PSOE. Con todo, absteranse na votación de investidura.

Pere Aragonés, ERC: "Validamos de forma clara e por unanimidade que mantemos esta opción. Este é o acordo e polo tanto mantemos a aposta pola mesa de negociación que abre as portas á solución do conflito estre España e Cataluña"

Pero a confirmación da abstención fíxose agardar. No Congreso Rufián non quixo aclarar o voto.

Gabriel Rufián, ERC"Eu son un humilde e pequeno deputado e teño que respetar tempos e formas do meu partido"

Junts per Cat tamén se reuniu esta mañá. Torra vaille pedir á Xunta Electoral que non execute a súa inhabilitación. No Congreso a súa voceira aseguraba que o discurso de Pedro Sánchez incumpre o acordo asinado con ERC.

Laura Borrás, JxCat: "Falouse dunha mesa de negociación no marco constitucional. Ese marco xenera exilio e represión. É unha modificación da mesa de negociación."

Esta mesma tarde haberá no Parlamento catalán un pleno extraordinario. Un pleno que Ciudadanos di que non se pode celebrar xa que Torra non ten potestade para convocalo por non ser xa nin presidente nin deputado.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí