CRTVG

Buscar

ERC gañaría as eleccións e podería elixir entre gobernar con JxCat ou co PSC e os Comúns

Publicado o 02/02/2020 14:01

ERC gañaría as vindeiras eleccións en Cataluña e podería elixir entre JuntsxCat ou a esquerda para gobernar, segundo unha enquisa que publica hoxe 'El Periódico'.

Esquerra subiría en escanos acadando 33 ou 34, fronte aos 32 actuais, mentres que JxCat obtería entre 29 e 30, fronte aos 34 deputados que acadou no 2017. Ciudadanos descendería ao cuarto posto perdendo máis da metade dos seus escanos. O PSC subiría ata chegar aos 22 ou 23 deputados. Os Comúns tamén medrarían, obtendo 11 ou 12. Vox entraría no Parlament con 6 ou 7 escanos e adiantaría o PP, que lograría 5 ou 6. Os dous grandes partidos independentistas necesitarían de novo a CUP, que dobraría o número de deputados, e chegaría aos 8 ou 9.

Noutra enquisa que publica El Español os resultados son semellantes: ERC gañaría as eleccións e podería escoller entre un goberno con PSC e os Comúns, ou o actual pacto con JxCat e CUP.

 

Noticias web

02/02/2020