CRTVG

Buscar

ERC esixe un referendo e volver á negociación política para apoiar a investidura de Sánchez

Publicado o 13/11/2019 20:12

As demandas de Esquerra Republicana complican a investidura de Pedro Sánchez. Para garantir unha abstención, que agora mesmo se faría necesaria, os republicanos esixen a cambio que se pacte un referendo de autodeterminación e a aministía para os líderes independentestistas presos. E ademais, volver á mesa de negociación entre o Goberno catalán e o Goberno central.

Pere Aragonés, ERC: "Ou volvemos a un escenario de negociación política, ou para cronificar o conflito que non conten con nós".

Desde Junts per Cataluña de momento non valoran nin o apoio nin a abstención. Bildu ofrece os seus cinco deputados para investir a Sánchez, pero o seu apoio ten un prezo.

Arnaldo Otegi, Bildu: "A nosa receita xa saben cal é: dereito de autodeterminación, liberdade para os presos e políticas sociais progresistas".

Laura Borrás, Junts per Cataluña: "Mentres se negue o dereito á autodeterminación, para que imos dar eses votos?"

O PNV non pecha a porta a apoiar a coalición entre o PSOE e Unidas Podemos, pero insiste tamén en que ese hipotético Goberno deberá dar unha solución aos problemas de encaixe territorial de Cataluña e do País Vasco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019