CRTVG

Buscar

O PSOE e ERC pactan facer unha consulta entre os cataláns

Publicado o 01/01/2020 10:52

Sánchez conta con ser presidente xusto daquí a unha semana, aínda que falta aínda que Esquerra lle confirme a súa abstención. Hoxe trascendeu que o PSOE e os republicanos pactaron facer unha consulta entre os cataláns para que avelen todos os acordos que tomen.

Pedro Sánchez vai xuntanzo as pezas para sacar adiante a súa investidura e dá por feita a abstención dos 13 deputados de Esquerra, malia que non será ata o próximo xoves cando se confirme a posición definitiva dos republicanos. A militancia decidirá ese día se avala o pacto ao que chegaron co PSOE tras varias semanas de reunións. Un acordo polo que os socialistas se comprometen a crear unha mesa de negociación entre o Goberno de España e o Goberno da Generalitat. E que inclúe tamén, como pedía Esquerra, unha consulta aos cataláns sobre os acordos que se tomen. Non se coñecen os detalles de como será esa consulta, pero o PSOE admítea como boa.

José Luís Ábalos, secretario de Organización do PSOE: "Necesitamos recompoñer a convivencia en Cataluña, necesitamos resolver o conflito, e para iso necesitamos tamén que a poboación poida participar. Imos ver exactamente como podemos facer iso, en que momento e con que acordos"

O PSOE reunirá á súa executiva nacional o próximo venres. A dirección do partido deberá aprobar os pactos cos socios necesarios para que a investidura saia adiante, e tamén o acordo de Goberno con Unidas Podemos.