CRTVG

Buscar

ERC e PNV pactan con Sánchez a sexta prórroga do estado de alarma

Publicado o 31/05/2020 14:30

Pedro Sánchez foi acadando pactos con distintas forzas políticas e nesta ocasión o protagonismo volve ao ámbito nacionalista, en detrimento de Ciudadanos. Para esta sexta prórroga do estado de alarma negociou el directamente con Pere Aragonès, o vicepresidente de Cataluña pertencente a Esquerra Republicana.

Agora vai optar por unha abstención cuns logros na negociación, que o propio Aragonès resume en tres puntos.

Quim Torra manifestoulle a Aragonès o seu malestar por ese acordo, unha reacción que se inscribe na longa pugna entre Junts per Catalunya e Esquerra por liderar o independentismo catalán.

Canto ao PNV, o apoio a Sánchez é máis sólido e sostido no tempo. Neste caso non houbo problemas, sobre todo ao quedar claro que Urkullu terá autonomía para controlar a fase 3 da desescalada, pero non só iso.

Todo parece indicar que Sánchez ten garantido o estado de alarma ata o 21 de xuño.

Noticias web

31/05/2020