CRTVG

Buscar

ERC anuncia unha emenda á totalidade dos presupostos

Publicado o 04/02/2019 23:03

Ultimato de Esquerra ao Goberno. Ou insta a Fiscalía a retirar os cargos contra os dirixentes independentistas procesados e acepta unha mesa de negociación biltateral sobre o dereito a decidirou a semana que vén tombarán o proxecto de presupostos, unha votación que coincide co inicio do xuízo do procés.

Joan Tardá, voceiro de ERC no Congreso: "Ata o día 12, o Goberno español ten na súa mesa aceptar aquelo que nos consideramos moi razoable: construír un escenario de negociación sobre como podemos exercer o noso dereito á autodeterminación".

A emenda á totalidade que este martes presentará Esquerra súmase ás anunciadas por PP e Ciudadanos. O Goberno acusou os nacionalistas de facer unha pinza coa dereita e insiste en que as demandas que reclaman non están na súa man.

Meritxell Batet, ministra de Política Territorial: "Supeditar o voto aos presupostos a outras cuestións que non dependen do poder executivo, senón doutros poderes, como o xudicial, creo que está fóra de todo sentido común".

A oposición ve confirmado no ultimato as súas advertencias contra a política de alianzas de Pedro Sánchez.

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos: "Máis aló da casa das leas de Sánchez cos seus socios, eu creo que o máis relevante é asumir a realidade, que non hai maiorías parlamentarias, que non deben subirse os impostos e hai que deixar paso a un novo goberno. Quen se deita con separatistas, acaba mollado".

Javier Maroto, vicesecretario de Organización do PP: "Pedro Sánchez está atado de pés e mans a todos os que teñen un problema con España ou odian España. Cando alguén ten que aprobar un presuposto con alguén que odia España, o resultado é ese".

O PDeCAT tamén ameaza con outra emenda á totalidade, aínda que agardarán ata o venres, o último día do prazo para presentalas.

 

Noticias web

04/02/2019