CRTVG

Buscar

ERC ameaza con non apoiar os presupostos e Ciudadanos presentará unha emenda á totalidade

Publicado o 16/10/2021 20:32

O apoio de Esquerra Republicana aos presupostos do Estado está no aire. Oriol Junqueras lanzáballe unha mensaxe a Pedro Sánchez: "O goberno debería aprender que non sería a primeira vez que nos vexamos obrigados a tombar uns presupostos porque non son bos para a cidadanía. Queda moito por percorrer".

Desde Ciudadanos, Inés Arrimadas anunciaba que presentarán unha emenda á totalidade.

Pola súa banda, no PP aseguran que "estamos ante os presupostos da trampa e o malgasto". Cre que non van solucionar os problemas dos españois nin conseguir unha recuperación xusta, da que presume o PSOE no lema destes orzamentos.

Coinciden con Ciudadanos en que contemplan cifras ficticias de déficit e crecemento.

Noticias web

16/10/2021