CRTVG

Buscar

Coudet confirma o primeiro equipo do Celta con Dituro, Galán e Denis como titulares

Publicado o 14/08/2021 13:55

Coudet sorprendeu na rolda de prensa previa ao partido do Celta confirmando o equipo titular contra o Atlético de Madrid. 

Dituro será o porteiro titular no lugar do canteirán Rubén Blanco, confirmando que é unha aposta persoal do adestrador. 

Na defensa entra no carreiro esquerdo outra das fichaxes, Javi Galán acompañando a Hugo Mallo, Araújo e Fontán. Sorprende a ausencia de Aidoo e o técnico considera chave fichar un xogador nesa posición. 

No centro do campo Denis será titular malia todo o que se falou esta semana acompañando a Renato Tapia e Brais Méndez. 

Na dianteira agardará para meter a Cervi porque o tridente titular é o que se gañou a confianza no treito final da temporada pasada con Nolito, Mina e Aspas. 

Noticias web

14/08/2021