CRTVG

Buscar

Equipamento deportivo e material escolar engrosan a factura da volta ao cole

Publicado o 09/09/2019 19:51

As papelerías rexistran estes días un importante pico de actividade, motivado polo inicio do curso escolar. Mochilas, estoxos, carpetas ou cadernos son parte do material que solicitan as familias con nenos no ensino infantil ou primario.

"En canto a equipamento, necesitamos cadernos, estoxos, lapis, rotuladores, folios, carpetas... Mochila non, que aproveitamos, pero o resto, si".

Julián García, libreiro: "En canto ao desembolso, depende, porque moita xente intenta aproveitar os materiais dun irmán para outro ou dun ano para outro. Pero si é certo que pode incrementar unha media duns 50 euros, aproximadamente".

O equipamento deportivo vén engrosar aínda máis o gasto que representa o inicio do curso. Nos comercios especializados tamén perciben estes días un repunte nas vendas. 

Maite Pérez, dona dunha tenda de material deportivo: "A xente necesita novo material, sobre todo desde os nenos que nós empezamos a traballar, a partir de catro anos, pois claro que necesitan material novo". "Na economía do fogar estes días nótase ben, e hai que sacar unha partida case equivalente ou incluso superior ao alugueiro da vivenda".

O gasto en material escolar e deportivo pode chegar a representar outro tanto con respecto aos libros de texto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019