CRTVG

Buscar

Envorcan dous turismos en Arzúa tras unha colisión

Publicado o 21/06/2021 13:10
Envorcan dous turismos en Arzúa tras unha colisión

O estado esvaradío das estradas por mor da chuvia está provocando un regueiro de accidentes coma o que se produciu esta mañá en Arzúa, na estrada Nacional 547. Dous turismos colidiron por causas que se investigan e acabaron envorcando os dous nunha gavia. Por sorte, os dous condutores e únicos ocupantes dos vehículos puideron saír polo seu pé e sen danos.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Arzúa, pero só interviñeron para escachar o cristal dun dos coches e facilitar a saída da condutora. 

Noticias web

21/06/2021