CRTVG

Buscar

Envorca un coche no centro da Coruña nun accidente sen feridos

Publicado o 22/09/2020 15:58

Neste estado quedou un coche que circulaba pola rúa Juan Flórez á media mañá e que foi arremetido por outro que procedía da avenida de Arteixo no cruzamento de ambas as dúas rúas, en pleno centro da cidade herculina.

O forte impacto fixo saltar os elementos de seguridade interiores do vehículo alcanzado e provocou importantes danos na súa carrocería.

Porén, malia a aparatosidade do accidente, ningún dos dous condutores implicados precisou de asistencia médica.

Ningún outro vehículo ou peón quedou afectado, malia que o suceso tivo lugar nunha das rúas máis transitadas da cidade.

Noticias web

22/09/2020