CRTVG

Buscar

Envorca un coche á entrada dun aparcadoiro soterrado na Coruña

Publicado o 31/03/2021 21:12

Na Coruña, esta tarde envorcou un coche á entrada dun aparcadoiro soterrado.

Descoñécense as causas do accidente e, por sorte, a moza que conducía resultou ilesa. A circulación na zona transcorreu con normalidade ao manterse en todo momento os dous carrís abertos.

 

Noticias web

31/03/2021