CRTVG

Buscar

Envorca un camión no A-6 ao seu paso por Lugo

Publicado o 25/11/2019 12:53

Nas próximas horas está previsto que retiren da beiravía da A-6, ao seu paso por Lugo, o camión que envorcou esta noite tras un accidente múltiple en que tamén se viron implicados varios turismos.

Unha persoa quedou ferida grave e tivo que ser evacuada ao HULA. Os outros condutores saíron ilesos. O mal tempo, con chuvascos que dificultaron a condución, puido ser determinante entre as causas do sinistro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019