CRTVG

Buscar

Envorca un camión en Vilanova de Arousa e perde 24.000 quilos de fertilizante

Publicado o 16/10/2020 21:03

Ferido o condutor dun camión que transportaba 24.000 quilos de fertilizante granulado. O home foi trasladado por unha ambulancia despois de que o vehículo envorcase esta tarde nunha rotonda e perdese a súa carga en Vilanova de Arousa. A empresa transportista á que pertence o camión encargouse da limpeza da vía e do transbordo da maercancía que rematou espallada. A Garda Civil xa restableceu o tráfico na incorporación a Caldas de Reis.

Noticias web

16/10/2020