CRTVG

Buscar

Envorca un camión e deixa cortado o acceso á autoestrada en Pontevedra

Publicado o 30/09/2019 23:49
Envorca un camión e deixa cortado o acceso á autoestrada en Pontevedra

Un camión que transportaba un contedor envorcou no medio da estrada despois de incorporarse da PO-10. O incidente tivo lugar arredor das 20.40 horas deste luns, deixando o tráfico cortado desde o quilómetro 1 desa vía.

Ata alí desprazáronse dotacións da Garda Civil e unha ambulancia coa intención de atender o condutor. Efectivos do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra desviaron o tráfico para aqueles condutores que accedían a través desta vía desde o nó do Pino.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí