CRTVG

Buscar

Envorca un camión de grandes dimensións na autovía A-52 en San Cibrao das Viñas

Publicado o 14/05/2019 19:52

Un camión de grandes dimensión envorcou na autovía A-52, á altura da localidade de Rante, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. Por sorte, o condutor saíu ileso.

O vehículo articulado ía cargado con bobinas de papel que trasportaba ao Porriño. No lugar do sinistro estanse a realizar obras na autovía e o camión ocupou o carril dereito pechado á circulación, co que, segundo informou A Garda Civil de Tráfico, malia a aparatosidade do accidente, non causou problemas no tráfico.

Está previsto que a última hora desta tarde se poida retirar da vía a cabeza tractora e o semirremolque do camión e transvasar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019