CRTVG

Buscar

Envorca na A-8 un camión que transportaba peixe

Publicado o 08/08/2017 19:59

O impacto provocou que se desprazase a carga do vehículo, caixas de plástico e peixe, e que acabasen sobre a vía

Un camión que transportaba caixas de peixe envorcou esta tarde na Autovía do Cantábrico (A-8) á altura do municipio lucense de Abadín.     

O sinistro foi rexistrado no quilómetro 549 da devandita estrada. O impacto provocou que se desprazase a carga do vehículo, caixas de plástico e peixe, e que acabasen sobre a vía.     

Debido a estas circunstancias, o tráfico da autovía foi desviado á estrada nacional N-634.     

O CIAE-112 Galicia recibiu aviso do accidente ás 18h a través do 061-Urxencias Sanitarias. Desde a central de emerxencias, púxose a situación en coñecemento do Subsector de Tráfico da Garda Civil.    

O condutor do camión resultou ileso, segundo informaron fontes oficiais. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2017