CRTVG

Buscar

Prisión para o detido en Colombia por un asasinato en Ordes hai tres anos

Publicado o 23/05/2019 20:17

A orde de busca e captura internacional emitida polo xulgado de Ordes permitiu deter en Cali hai un ano a Julián Eduardo, un cidadán colombiano nacionalizado español, de 31 anos, sospeitoso da morte de Álvaro Paredes, un mozo dominicano de 24 anos. Pasou a disposición xudicial e ingresou xa no cárcere de Teixeiro.

O corpo sen vida do mozo dominicado asasinado en Ordes apareceu rodeado dun charco de sangue e cunha coitelada que lle seccionou a carótide. Foi na madrugada do 16 de xullo de 2016. Varias testemuñas viran os dous homes discutindo nun local de copas da vila horas antes. A propia vítima chamara a Garda Civil para advertir das ameazas que recibira. Os investigadores barallan a hipótese dun axuste de contas relacionado coa venda de droga como móbil do crime.

Unha proba de ADN do sospeitoso recollida na casa de súa nai e un dos móbiles que lle lovou á vítima permitiron dar con el en Colombia, a onde fuxira. Cando o extraditaron, a Audiencia Nacional enviouno á prisión de Solto del Real. A titular do Xulgado Numero 1 de Ordes ratificou a medida de prisión por un presunto delito de homicidio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019