CRTVG

Buscar

Envían a prisión dous dos detidos pola morte dun home en Toques

Publicado o 05/06/2019 20:21

A xuíza enviou a prisión dous dos tres detidos polo crime de Toques. O terceiro quedou en liberdade, pero terá que comparecer cada quince días no xulgado. Os tres son sospeitosos de participar, en maior ou en menor grao, na morte do veciño de Sobrado que apareceu calcinado nun incendio forestal en Toques.

Os tres detidos polo crime de Toques son dous irmáns, veciños da vítima na parroquia de Noqueira, e un curmán, que vive en Boimorto. Chegaron aos xulgados de Arzúa nun furgón da Garda Civil procedentes do cuartel de Lonzas. Tras un interrogatorio de dúas horas, a xuíza decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para os dous irmáns, Marcial e Manolo, de ao redor de 60 anos, por un delito que será homicidio ou asasinato, e por provocar un incendio forestal. Os investigadores cren que están implicados na morte de Julio Lea Casal, o veciño de Sobrado que un axente atopou carbonizado nun incendio forestal o pasado 27 de marzo. Nun principio pensouse que fora vítima do lume pero, segundo parece, o cadáver presentaba un golpe na cabeza. Os veciños lembran que sempre houbo desavinzas entre as familias dos detidos e da vítima.

O terceiro dos detidos quedou en liberdade, pero terá que comparecer cada quince días no xulgado. Está investigado por un delito de encubrimento.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí