CRTVG

Buscar

Entrou roubar nunha lavandería de Vigo e deixárono pechado dentro

Publicado o 16/10/2019 18:06

Un home que entrou roubar nunha autolavandería de Vigo acabou atrapado na persiana do establecemento. Foi o dono da lavandería o que viu desde o teléfono móbil da súa casa como ocorría o roubo. Aproveitando as novas tecnoloxías, pechou ao delincuente dentro do local por control remoto ata a chegada da policía. O delincuente estaba tratando de roubar na máquina do café. Os axentes tamén lle atoparon billetes de 50 e 20 euros polo que sospeitan que viña de roubar noutro establecemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019