CRTVG

Buscar

Juan C. Vázquez: "O engano é un dos principais mecanismos de captación no tráfico de mulleres"

Publicado o 06/08/2019 10:21

No Bos días, Ana Celia conversa Juan Cástor Vázquez, xefe da Brigrada de Estranxeiría da comisaría de Santiago de Compostela para falar do tráfico de persoas.

Máis de 20 millóns de persoas en todo o mundo son vítimas da trata de persoas, uns sete millóns son menores. En España, preto de 10.000 persoas foron identificadas en situación de risco, segundo o CITCO.

"O engano é un dos mecanismos de captación para traelas a España e exercer a prostitución".

"Unha investigación leva uns seis meses e paso a maior parte do tempo en facer falar as mulleres. Eles desconfían da policía, temos que superar esa barreira e acadar un nivel de confianza suficientemente grande para que nos conten e chegar a desentrañar as tramas". "Hai un protocolo que seguimos sempre e que comeza coa identificación das vítimas".

"As vítimas son moi vulnerables. Hai que destacar a importancia do labor das oenegués e, en especial, Cáritas Diocesana, en Santiago. A vulnerabilidade pode ser por crises humanitarias, dramas persoais e por captación das mafias".

 

 

Noticias web

06/08/2019