CRTVG

Buscar

Luís Villares: "Por nós non vai quedar que haxa unha alternativa progresista"

Publicado o 11/02/2020 12:05

Luís Villares, En Marea: "Temos que abrir un proceso na organización e eu estou ao servizo da organización para o que sexa mellor para albergar unha alternativa feminista, ecoloxista e xusta para o noso país".

"Cada formación política representamos un proxeto político en común con outros e ten puntos sigulares; nós queremos centrar o noso discurso nunha serie de valores que nos parecen esenciais e se outras formacións políticas prefieren deixar para despois das eleccións as convesas para sumar cooperativamente unha alternativa á dereita no noso país, pois que así sexa". "Por nós non vai quedar que haxa unha alternativa progresista. Coa fórmula que decidan os electores, se non é preelectoral será postelectoral".

"Eu estou máis preto da xente que sofre recortes da sanidade pública, que ten listas de espera interminables e das mulleres ás que lles pechan o paridoiro de Verín, e síntome preto da sociedade que rachou coas políticas sanitarias de Feijóo, que foi polo que Feijóo fixo este adianto electoral. Estamos ante unha lexislatura agónica onde non era capaz de sacar nada adiante".

"Feijóo non ten proxecto para Galicia, fomos sempre o seu plan B. Xa se demostrou hai dous anos, cando quería marchar para Madrid e lle pararon os pés en Xénova. Agora a lexislatura precipítase sen que el o decida. Un final triste para esta década e que dea lugar a que abril abra una longa primavera democrática en clave feminista, de xustiza social e ecoloxista para o noso país".

"É moito máis fácil que as esquerdas nos poñamos de acordo nun programa de goberno que que se poñan de acordo PP, Ciudadanos e Vox. A non ser que pensemos que Feijóo vai aceptar os postulados machistas, homófobos, supremacistas e antiautonomistas e contrarios á lingua galega que ten Vox". "Feijóo debería aclarar se está disposto a perpetuarse no poder pactando con estas forzas".

 

Noticias web

11/02/2020