CRTVG

Buscar

Vázquez Taín: "Penso que é necesario aclarar conceptos que se están a empregar de forma torcida na cuestión do 'procés'"

Publicado o 05/12/2019 10:18

O xuíz José Antonio Vázquez Taín di que o seu libro Pulso ao Estado sobre o xuízo do procés xorde da necesidade de explicar conceptos como o dereito a decidir, nacionalidade, nación de nacións, que están en boca de todolos políticos e estanse utilizando de xeito torcido.

"Dáme moita pena - di- ver como xente que debería ser clara e transparente emprega incorrectamente este termos".

Vázquez Taín asegura que a estratexia das defensas se centrou en intentar desprestixiar a xustiza española, algo que non conseguriron, xa que ata que ata Amnistía Internacional recoñeceu que foi un xuízo xusto.

Para o maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, o máis importante á hora de afrontar este libro non eran as cuestións xurídicas, senón volver definir que é un estado de dereito.

Sobre o cumprimento de penas dos condenados polo procés, Vázquez Taín di que a transferencia das competencias en materia penitenciaria ás comunidades autónomas afecta o principio da igualdade de todos os cidadáns ante a lei.

Vázquez Taín di que os nacionalismos non teñen un proxecto a longo prazo, senón movementos interesados a curto prazo para arrastrar masas.

O maxistrado di que a sentenza analiza a lexitimación e da unha resposta, que en todo conflito non hai máis saída que a aplicación da lei imparcialmente.

Vázquez Taín constata a existencia dunha fractura social e institucional despois da sentenza e asegura que o máis importante desta non é se era sedición ou rebelión, senón que explica cales son as regras para que unha democracia funcione.

Sobre unha futura sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, considera pouco probable un revés para o Supremo español.

Falou tamén doutro xuízo mediático, o da morte de Diana Quer, valorando a exemplaridade do veredicto que mantén o equilibrio entre o que che pedía o corpo e o que as probas podían demostrar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019