CRTVG

Buscar

Santiago Martínez: "Sempre que hai un goberno de coalición a gran ameaza é que haxa dous relatos paralelos"

Publicado o 13/01/2020 10:33

Santiago Martínez, consultor en comunicación estratéxica e política, asegurou este luns no 'Bos días' que o alto número de ministros obedece á intención de Pedro Sánchez de "diluír os ministros que se lle adxudicaron a Unidas Podemos nas negociación da coalición".

"Sempre que hai un goberno de coalición a gran ameaza é que haxa dous relatos paralelos", asegurou Santiago Martínez, quen puxo o punto de atención nos acordos asinados nos que xa se contemplan as posibles solucións ás diverxencias entre os membros do Goberno como instrumento para tratar de evitar "entrar en polémicas".

"A miña sensación é que a estratexia de facer visible dous gobernos é certeira, pero sempre que haxa unha realidade que faga perceptible iso", asegurou este consultor en comunicación política, porque "agora mesmo está comezando a lexislatura, e comezar con ese discurso neste momento pode facer que se perda unha certa visión da realidade. Eu esperaría un pouco máis antes de falar de dous gobernos".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020