CRTVG

Buscar

Ignacio Lago: "Os gobernos de coalición son a norma e non a excepción en Europa"

Publicado o 14/01/2020 10:45

Ignacio Lago, profesor de Ciencia Poítica na Universidade Pompeu Fabra cre que a formación dun goberno de coalición é habitual e que, polo tanto, "España é neste momento a norma e non a excepción en Europa".

Sobre os perfís dos novos ministros, Lago subliñou a gran presenza das mulleres pero sobre todo os perfís "profundamente económicos". Caso especialmente relevante di é o da ministra de Asuntos Exteriores unha especialista en comercio que considera "é unha chamada á calma para os mercados internacionais".

Ademais a presenza como vicepresidenta de Nadia Calviño marca, segundo dixo, "unha estratexia moi clara de Pedro Sánchez para que non haxa dúbidas nin medo por parte das institucións europeas".

Para el "hai unha diferenza clara entre os ministros socialistas moito máis técnicos e os de Podemos que son máis un reflexo do equilibrio de poderes dentro da coalición de esquerdas".

Sobre a proposta da ex-ministra Dolores Delgado coma nova fiscala xeral do Estado non o considera acertado porque non cre que sexa a mellor maneira de defender a promesa de Sánchez de separar a xustiza da política.

Con respecto ao Partido Popular, Lago está convencido de que "unha política moi dura podería prexudicar a Pablo Casado e favorecer a Vox". Pero está convencido de que o líder do PP vai moderar o seu discurso polas presions dentro do propio partido de políticos que se xogan a reelección como é o caso de Alberto Núñez Feijóo.

Lago cre que a estratexia da moderación será moi importante para que Feijoo logre atraer todo o voto de centro en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020