CRTVG

Buscar

Pablo Arangüena: "Non alcanzo a visualizar movementos poden alterar a situación da investidura"

Publicado o 07/01/2020 10:27

O deputado do PSdeG, Pablo Arangüena, asegurou que "non creo que haxa ningún tipo de cambio" e que Pedro Sánchez obteña a confianza da Cámara.

Respecto ás presións aos deputados que teñen previsto votar a favor do candidato socialista, confirmou que están recibindo correos e chamadas, algúns con formas ameazantes, para que non lle dean o apoio a Sánchez.

O que se pode agardar, segundo o deputado dos socialistas galegos, é que "teñamos un goberno libre para impulsar políticas, que se saquen adiante orzamentos, e que sexa un bo goberno para Galicia".

Ademais, defendeu a axenda galega do novo executivo con medidas, que "xa estaban no programa" dos socialistas e que se concretaron, segundo dixo, nas negociacións cos grupos que teñen previsto aprobar a Pedro Sánchez.

 

 

Noticias web

07/01/2020