CRTVG

Buscar

Pablo Arangüena (PSdeG-PSOE): "Agardamos que todos comprendan que a situación esixe responsabilidade por parte de todos"

Publicado o 11/11/2019 12:21

Fran López Iglesias conversa con Pablo Arangüena, que volve ao Congreso por segunda vez tras a lexislatura frustrada de abril. Pablo Arangüena é o voceiro e vicesecretario do PSdeG- PSOE e deputado no Congreso pola provincia da coruña.

O PSdeG mantén os dez deputados que gañou en abril, aínda que esta vez ten menos votos que o PPdeG. O PSdeG é o partido máis votado en Pontevedra e o segundo nas outras tres provincias. No Senado o PSdeG pasa de oito a cinco senadores.

Pódese formar goberno "facendo política do máis alto nivel, tendendo pontes, buscando acordos, minimizando as divisións e tratando de allanar calquera inconveniente".

"O Partido Socialista ten acreditada a capacidade de diálogo a ambos lados do espectro político e en distintas situacións. Vamos a esperar e vamos a esperar tamén que todo o mundo comprenda e asimile que a situación esixe responsabilidade por parte de todo o mundo".

"Nas circunstancias moi adversas en que se deu esta convocatoria mantense un empate entre o PP e o Partido Socialista, pero o que hai é unha clara nova maioría social que se mantén nas últimas convocatorias. É dicir, as forzas progresistas neste momento teñen un 54% dos votos, mentres que o elelctorado non progresista ten un 44%; son 10 puntos porcentuais por enriba que teñen as forzas progresistas".

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019