CRTVG

Buscar

Ángeles García: "É necesario que os diferentes tipos de acoso no traballo se inclúan nos convenios colectivos"

Publicado o 09/09/2019 12:18

No Bos días, Ana Celia conversa con Ángeles García, avogada experta en igualdade. Ángeles acaba de participar nunhas xornadas que se celebraron no País Vasco sobre violencia e acoso laboral abordados desde unha perspectiva de xénero, e a repercusión que esta violencia pode ter no mundo do traballo.

"Un estudo realizado no País Vasco de máis de mil sentenzas sobre acoso acoso no traballo revela que a maioría non son de mulleres. A maioría das denuncias son de acoso laboral, non é acoso sexual nin por razón de sexo, en contra do que a parte técnica pensaba, e só prospera un 20% das denuncias ante os xulgados do social e do penal. Polo tanto, hai moito que facer".

"As denunicias non prosperan por varios motivos: hai moito descoñecemento a nivel profesional, falta de especialización nos profesionais da xustiza; habitualmente, a xente non denuncia, ten medo a denunciar e tamén depende moito de onde resida. Se reside nunha localidade pequena ou nunha cidade grande; ten medo a perder o traballo. E despois, unha vez que se denuncia, confúndense acoso con conflito. Todo iso fai que a persoa sinta que non está protexida".

"As empresas pequenas non teñen capacidade para implantar protocolos contra o acoso. É necesario que a Administración implante mecanismos para que as mulleres, especialmente, teñan o apoio que nas empresas grandes si teñen".

"Hai moita confusión nestes momentos sobre o acoso e a violencia no traballo; pode vir por falta de prevención, por unha mala previsión de riscos laborais psicosociais, a carga de traballo, o estrés que produce o traballo dá lugar a situacións de conflito que poden terminar nunha situación de violencia".

"É necesario que se inclúa na axenda dos convenios colectivo como agora se incluíu a nivel mundial na axenda da OIT".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019