CRTVG

Buscar

Miguel Tellado: "Ninguén entendería que lle regalásemos a investidura a un Pedro Sánchez co que non compartimos folla de ruta"

Publicado o 11/11/2019 11:15

Fran López Iglesias conversa con Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG, sobre os resultados das eleccións xerais do 10-N.

O PP foi a forza máis votada en Galicia, aínda que empatou en número de escanos co PSdeG-PSOE, dez para cada partido.

"Pedro Sánchez formulou esta repetición electoral como unha sorte de referendo sobre a súa persoa e temos que decirlle que ese referendo non lle foi positivo, perdeu 800.000 votos respecto do mes de abril, e, polo tanto, é un mal resultado".

"O PP a nivel nacional medra, pero non todo o que nós quixeramos".

"88 deputados no Congreso, o resultado é positivo respecto do mes de abril, 500.000 votos máis ca nas pasadas eleccións, son insuficientes, parece, para constituír unha maioría alternativa á que puidese liderar o PSOE e, polo tanto, correspóndelle a Pedro Sánchez liderar as negociacións co resto dos partidos".

"Creo que ninguén entendería que nós lle regalásemos a investidura a un Pedro Sánchez co que non compartimos folla de ruta nin prioridades para o noso país".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019