CRTVG

Buscar

Marta González: "As mulleres, cada vez máis, toman conciencia e reclaman a fin da desigualdade"

Publicado o 11/03/2019 10:13

Marcos Sueiro conversa no Bos días con Marta González Vázquez, vicesecretaria de Comunicación do Partido Popular (PP), sobre diferentes asuntos de actualidade.

Violencia machista

"É unha tristeza que nos últimos días houbese tres asasinatos supostamente por violencia de xénero, coincidindo ademais co 8 de marzo, unha data de reivindicacións entorno a igualdade. (...) O que temos que facer as forzas políticas e toda a sociedade é enviar a nosa solidariedade coas familias e cos fillos e tamén enviar unha mensaxe de que non pararemos de traballar ata que se remate esta cadena de violencia sen sentido que afecta ás mulleres".

Reivindicacións do 8 de Marzo
"As mulleres toman cociencia, cada vez máis, das desigualdades existentes na sociedade e demostran con claridade que non están dispostas que continuén."

"O 8-M no PP tomamos a decisión correcta"
"O PP, en Madrid, analizou a posibilidade de asistir ás manifestacións, e ao final creo que tomamos a decisión acertada, permititr que cada afiliada, que cada cargo político fixera o que considerara convinte respecto das manifestacións e dos paros e non participar institucionalmente.(...) As palabras das ministras o 8-M foron lamentables".

Valoración da precampaña electoral

"Alegrámonos moito de que o presidente do Goberno tivese tempo de vir a Galicia, que non o fixera nos oito meses que leva no goberno. É unha precampaña complexa e poderosa xa que son moitos os retos electorais que temos por diante, municipais, autonómicas e as xerais. (...) Estamos viviendo esta precampaña con moitísima intensidade."

"As roldas de prensa dos ventres son absolutamente propagandísticas"
"A xunta electoral tén que resolver hoxe sobre a queixa do PP e despois tamén por Ciudadanos en relación ás roldas de prensa dos venres, iso que o Goberno decidiu chamar os venres sociais. Non entendemos como a Xunta Electoral prohibe as inauguracións ou outros actos por consideralos propaganda e esas roldas que son absolutamente propagandísticas tamén, nas que se anuncian unhas cantidades de cousas que supostamente se van a facer pero que non se van poder facer posto que o goberno non tén nin a capacidade, nin o tempo nin o orzamento para desnvolvelas".

Resultados das enquisas
"Vemos un panorama complexo e variable. É a primeira vez que hai catro partidos que teñen unha certa posibilidade de acadar resultados significativos. (...) Cada enquisa que vemos manexa claves distintas e todas moi variables e o que temos moi claro é que a campaña vai ser decisiva, e niso coinciden as enquisas, porque os cidadáns van decidir o seu voto ao final."

"É necesario un cara a cara Pablo Casado e Pedro Sánchez"
"É absolutamente necesario pero temos a sensación que Pedró Sánchez non tén moita vontade de debatir co noso presidente, con Pablo Casado, moi posiblemente porque se decata de que vai ter as cousas complicadas. Porque o noso presidente como tén demostrado nestes meses un grandísimo orador".

"Galicia é un referente no PP"
"é un referente en todo, pero no que se refire a estabilidade, de un goberno que é capaz de modificar sustancialmente os indicadores de desenvovemento, os indicadores sociais, en educación, en sanidade... ten que ser un referente para todo o conxunto de España".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/03/2019