CRTVG

Buscar

María Vilas (Ciudadanos): "Entre Sánchez e Iglesias hai un problema de egos"

Publicado o 09/09/2019 14:26

No Bos días, Fran López Iglesias conversa con María Vilas, deputada de Ciudadanos no Congreso pola Coruña, sobre as negociacións para a formación de goberno. María Vilas entra no Congreso en lugar de Marta Rivera de la Cruz.

"Ciudadanos neste momento quere presentar un proxecto autónomo, propio e sen mochila, sen corrupción, un programa reformista, rexenerador e con identidade propia".

"Ciudadanos cada vez que se abren as urnas suma. Entendemos que outros partidos, como PP e o PSOE, que tiveron os seus peores resultados, non acepten o multipartidismo. Pero nós queremos ofrecer unha España cun proxecto liberal, reformista, rexenerador e que traia á política novas solucións aos novos retos".

"Entendemos que o Partido Socialista de Sánchez e a súa banda non representan para nada o Partido Socialista dos anos 80 e 90 e que o plan de Sanchez e Ciudadanos son proxectos antagónicos. (...) Onde podía haber un goberno constitucionalista, Sánchez prefire un goberno de populistas e nacionalistas".

"A nosa posición é liderar a oposición ao plan Sánchez e se hai eleccións estaremos preparados para afrontalas".

"É respectable que algunhas persoas non queiran continuar en Ciudadanos, pero a nosa posición non variou desde as eleccións do 28 de abril. Sempre dixemos que os nosos votos non ían servir para investir a Sánchez".

"Ciudadanos é un partido de centro, rexenerador, que vén rexenerar a política e poñer o cidadán no centro de acción política".

"Parece que hai un exceso de personalismo na política española. Estámolo vendo, parece que entre Sánchez e Iglesias hai un problemas de egos".




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019