CRTVG

Buscar

José Manuel Botana, axente medioambiental: "Estamos asegurando as zonas máis problemáticas onde non se puido facer un traballo moi concreto con máquinas"

Publicado o 06/09/2019 10:30

José Manuel Botana, axente medioambiental, explicou que o seu traballo "consiste en asegurar todo o perímetro do incendio e facer que os labores de liquidación cheguen o antes posible".

Sobre a situación do incendio dixo: "Agora mesmo a situación está mellor ca onte, estamos asegurando as zonas máis problemáticas onde non se puido facer un traballo moi concreto con máquinas".

Tamén engadiu: "Coas condicións climatolóxicas que temos e o tipo de terreo que é, levaranos algo de tempo deixalo liquidado".

E afirmou que "hai zonas que están aínda con bastante calor" e que estaban pendentes de que non se crearan novos focos que puidesen saltar a liña de control que tiñan.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019