CRTVG

Buscar

Jorge Carballido (UMAD): "Cos adolescentes hai que traballar na prevención doutras substancias como se traballou co alcol"

Publicado o 21/11/2019 10:36

Un ano máis, e van trece, o Ministerio de Sanidade e Consumo colócanos na pista para coñecer os hábitos e consumos dos nosos adolescentes. É un debuxo preciso, que serve para orientar as políticas neste campo e que estas sexan máis eficaces; e tamén para saber que do consumo de alcohol e drogas, por exemplo, tamén se derivan comportamentos.

O informe recolle os resultados de Enquisa sobre uso de drogas en ensinanzas secundarias en España, ESTUDES 2018-2019. Jorge Carballido. Técnico UMAD, Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes de Santiago, analiza no Bos Días os resultados desta enquisa. Sobe ata o 48 por cento a porcentaxe de estudantes de 14 a 18 anos que  probou o cigaro electrónico.

"O cigarro electrónico inventárono para captar a poboación nova para que foran consumidores de adultos. O vapeo e o inicio aunha nova droga porque aínda non hai moita información negativa relativa a este produto. Despois, o seguinte paso e o cigarro e séguese cun efecto escalada cara a outras drogas".

Aumentan lixeiramente os mozos que recoñece que se emborrachou no último mes.
 

"Os consellos da casa e das campañas aos menores e alcól, nin unha gota, parece que está funcionando. Nos menores parece que diminúe o consumo de alcol. Pero os que beben, beben de mais. Outras drogas, cánnabis e tabaco, continuamos plano ou soben un pouco; aí si que o conseguimos. Temos que seguir traballando como se traballou co alcol coas outras substancias".

O consumo de cocaína acada mínimos históricos, menos do 1 por cento dos mozos recoñece que a consumiu. O consumo de todas as drogas ilegais está máis estendido entre os mozos que entre as mozas.

O 82 por cento dos mozos recoñece que xogou aos videoxogos no último ano.

 

 

Noticias web

21/11/2019