CRTVG

Buscar

A nanotecnoloxía, chave da vacina en que traballan investigadores da USC

Publicado o 11/05/2020 12:32

A nanotecnoloxía podería ser a chave da vacina contra o coronavirus. Un equipo da Universidade de Santiago, dirixido pola investigadora María José Alonso, traballa consorciado con científicos de Barcelona e Bruxelas para ultimar esta vacina, que podería estar lista para iniciar probas en outubro.

En síntese, o proxecto baséase, tal e como explica Alonso na entrevista coa TVG, no desenvolvemento dun vehículo nanométrico que transportaría o ARN 'mensaxeiro' no organismo e estimularía a fabricación de antíxenos contra o virus por parte do propio corpo humano.

O proxecto, que acaba de recibir financiamento do Instituto Carlos III, xa foi avalado hai un mes pola Generalitat de Cataluña, onde lideran o traballo grupos de investigación da Universidade de Barcelona, a Pompeu Fabra e o Centro Nacional de Biotecnoloxía. 

No Cimus de Santiago traballan oito persoas cun ARN modelo, á espera de que culmine o deseño do ARN real en Barcelona e sexa 'fabricado' en Bruxelas. O nanotransportador é o que se ultima aquí.

Noticias web

11/05/2020