CRTVG

Buscar

José Lagoa Lamas, xefe de Atención ao Cidadán da Garda Civil: "Os drons son unha axuda fundamental nos casos de desaparecidos porque abarcan grandes extensións de terreo en pouco tempo"

Publicado o 05/09/2019 13:03

En Galicia, hai ao longo do ano unhas 800 denuncias por desaparicións. Galicia é a sétima comunidade a nivel nacional en canto ao número de desaparecidos cada ano.

Como se desenvolven eses traballos, que é o que se desprega cando desaparece unha persoa?

José Lagoa Lamas, xefe de Atención ao Cidadán no posto da Garda Civil de Oleiros e explica: "En primeiro lugar, recíbese unha denuncia, vén o familiar, presenta a denuncia e inícianse todos os protocolos".

Logo "ponse en coñecemento das unidades próximas, medios como a Policía local, Protección Civil, 112 e cuadrillas de voluntarios para iniciar a busca e que teña un bo desenlace na maior brevidade posible", di.

Tamén remarca a diferenza entre denuncias silenciosas e denuncias mediáticas. Neste senso a Garda Civil colabora cos medios de comunicación para dar notoriedade a unha denuncia e solicitar a colaboración dos cidadáns.

Nos dispositivos de busca hai cada vez máis medios técnicos. Cada vez é máis habitual o uso de drons.

José Lagoa engade: "Son unha axuda fundamental nos casos de desaparecidos porque abarcan grandes extensións de terreo en pouco tempo, dispoñen de cámaras de alta resolución e poden traballar tanto polo día como pola noite".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019

Máis sobre oleiros