CRTVG

Buscar

Ángel Villarino: "Ata despois do verán non saberemos cantas persoas se van acoller ao ERE do Santander"

Publicado o 14/06/2019 11:16

O Banco Santander e os sindicatos chegaron a un principio de acordo sobre o ERE que afecta o banco e que asinarán o luns. O axuste afectará 3.223 traballadores fronte aos 3.700 iniciais que propoñía a empresa. A prexubilación elevarase ata o 80 por cento do salario. Pecharanse 1.150 oficinas, o 26 por cento da rede da entidade en España. 

Jorge Villarino, do sector financeiro do sindicato CCOO, asegurou no Bos días que, polo momento, "conseguimos unha redución importante no número de afectados e melloramos as condicións, pero non sabemos como será o reparto por territorios, e aínda non sabemos como afectará a Galicia". "Nós o que conseguimos é unha voluntariedade, polo que haberá que ver cantas adscripcións se producen en Galicia", afirmou.

"Ata despois do verán ou incluso novembro non saberemos cantas persoas se van acoller ao ERE de maneira voluntaria" dixo o representante sindical. "É posible que o número de persoas que se acollan sexa incluso maior".

Respecto ao panorama de futuro no sector, Villarino dixo que "é algo moi difícil de negar que todas as entidades financeiras están reducindo as redes comerciais, influido polas novas teconoloxías, e iso produce presión sobre as redes e as persoas que traballan nelas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019