CRTVG

Buscar

Elena Muñoz: "Outras solucións que non sexan a devolución da débeda parecen unha broma"

Publicado o 12/02/2020 10:23

A senadora do Partido Popular pola provincia de Pontevedra, Elena Muñoz, esixiu este mércores no Bos días respecto da débeda que a Xunta lle reclama ao Estado que "o Goberno pague o que lles debe a todas as comunidades autónomas. Máis de 2.500 millóns de euros, 750 no caso das entidades locais. Son cartos recadados polo Goberno de España no ano 2019. Doce meses de IVE e só pagou once meses. Hai un en que se apropiou indebidamente e queremos que o devolva".

"Outras solucións parecen unha broma", aseguoru Muñoz. "A ministra dixo que non lles vai dar cartos, que son igresos correntes pero que lles ofrece préstamos. Débeda por ingreso corrente é un chiste de mal gusto. Esta ministra está sendo prexudicial e falta á verdade", afirmou.

"Non nos vale ningunha outra vía. Só a que pase polo ingreso das cantidades pendentes de todas as comunidades autónomas. A maiores en Galicia temos outra cantidade: 200 do IVE e 170 por ter cumplido cos obxetivos de estabilidade. Son fondos comprometidos que tamén nos negan", dixo a senadora popular.

Elena Muñoz considera normal que a Xunta non conte esta débeda á hora de facer as súas contas respecto aos obxectivos de déficit: "É algo lóxico. Se esas cantidades estaban comprometidas e non se pafgaron só faltaría que considerara incumprido o obxectivo de estabilidade por esa contía".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2020