CRTVG

Buscar

Coronel Sánchez de Toca, Brilat: "Patrullamos nos montes en colaboración coa Xunta para garantir a seguridade dos galegos e previr os incendios"

Publicado o 30/07/2019 10:38

No Bos días, Ana Celia conversa con Miguel Sánchez de Toca Almeda, coronel da Brigada Galicia VII, da Brilat.

A Brilat énchese de honores, entre os últimos, a Participación na Festa Nacional Francesa, o 14 de xullo. Unha festa que este ano foi moi especial porque se celebraba o centenario do Desfile da Vitoria tras a primeira guerra mundial.

Macrón quixo convertelo nun desfile europeo, onde se enxalzaban as forzas militares europeas.
No caso de España, con militares dos tres exércitos e con membros da Garda Civil, nunha celebración da cooperación militar entre ambos países a través dos Campos Elíseos.

O coronel Sánchez de Toca explica como se desenvolveu a campaña da Brilat en Mali cando o exército Francés. Unha compañía da Brigada Galicia VII (BRILAT) do Exército de Terra, con base en Pontevedra, formada por case un cento de soldados. Esta brigada colaborou coas forzas francesas na operación EUTM Malí entre novembro de 2018 e maio de 2019. Invitados por Francia ao desfile a raíz da boa sintonía nesa colaboración. O coronel explica cales foron as súas funcións, entre elas o adestramento dos soldados no Centro de Adestramento de Kuolikuoro.

Desde hai 12 anos, a Brilat tamén colabora coa Xunta de Galicia na Defensa dos montes facendo traballos de aviso e prevención do lumee. En total suma 27 patrullas terrestres á vixilancia contra os incendios en Galicia.

O próximo 15 de agosto e ata o 30 de setembro, o Exército despregará nos montes galegos 27 patrullas terrestres -formadas por militares sobre vehículo- e dous equipos de mantemento móbil no marco da operación Sentinela.

Neste momento a Brilat tamén se está preparando para ser unha unidade de intervención rápida da OTAN.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/07/2019