Corina Porro: "Os nosos exames son as eleccións e é cando hai que tomar decisións"
Publicado o 06/06/2019 10:30
Corina Porro está á fronte da xestora que vai conducir o Partido Popular de Vigo ata o próximo congreso local tras os malos resultados das eleccións municipais.
Entrevistada no informativo Bos días, Corina declarou: "Os nosos exames son as eleccións e é cando hai que tomar decisións".
"Entendo a política como un servizo amigo".
"Estamos nun punto en que temos que reflexionar".